Saturday 04 de May de 2024

Comezo en San Sadurniño de “Escola de Familias”


Os departamentos de Educación familiar e Servizos Sociais de San Sadurniño inician este mércores 7 de febreiro a programación de charlas e obradoiros da Escola de Familias, que nos ofrecerá unha chea de contidos moi interesantes para a crianza das nosas fillas e fillos, desde a primeira infancia até a adolescencia.

A primeira sesión, ofrecida pola médica Ana Belén Pérez Fernández, centrarase nos primeiros auxilios ante emerxencias e accidentes que poidan sufrir as nenas e nenos de 0 a 6 anos.

A seguinte cita da Escola de Familias será o mércores 28 de febreiro de 17:00 a 18:30h, co título “Comunicación na familia e estilos educativos”, dirixida neste caso a familias con rapazada de entre 6 e 16 anos.

Todas as actividades do programa terán lugar na Casa da Cultura e son gratuítas. Con todo, para asistir fai falla inscrición previa no 673 902 922 ou en veronica.perez@sansadurnino.gal.